martes, 28 de abril de 2020

Qué escoitamos? Xestos para canción. As notas. Boletín ETRAD 8

Moi boas familia!!!

Que ben que xa puidéchedes sair de paseo ... Alédome un mónton. Seguro que fúchedes coas bosas luvas e mascarilla.

Outra semana máis para facer actividades divertidas

Antes de nada, poño a solución de "Adiviña a palabriña". De seguro que os vosos debixos coinciden cos meus

Solución Adiviña a Palabriña

 A semana pasada aprendíchedes a canción "Fun ao mercado". Pois agora, a ver se podemos facela con xestos. Así será moito máis divertido. 

Tendes o vídeo aquí 

Xestos Fun ao Mercado

Imos prestar atención agora ao seguinte audio ... Adiviñades os diferentes sons? 

Que se escoita? Prestade atención!

Este curso tamén aprendimos as notas musicais da escala de DO. Imos recordalas e cantalas co vídeo 

Notas da escala de DO

Pois aí tendes as actividades para esta semana. Agardo que o disfrutedes moito :-)

Biquiños cheos de positividade!

Xela Conde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario