jueves, 2 de abril de 2020

Novas actividades. Pequeparti para "Chegou a Primavera" e baile "Mirame Miguel". Boletín ETRAD 4

Moi boas familia!

De novo aquí para mandarvos máis actividades para divertirvos un pouquiño.

Primeiro, unha "pequeparti" para que poidades facer mentres cantades a canción "Chegou a Primavera" Lembrade primeiro lela con palabras, logo facelo con instrumentos de percusión e logo intentar cantala e tocala. Seguro que seredes capaces!

Aquí o enlace para a "pequeparti":

Ritmo para "Chegou a Primavera"

Vídeo explicativo para facer o ritmo:

Explicación da partitura rítmica para a canción "Chegou a Primavera"

E esta semana tamén propoño a aprendizaxe dun novo baile moi divertido; o mahlao.

Aquí a explicación do baile:

Baile Malhao "Mirame Miguel"

E para este baile empregaremos a canción de Brigada Victor Jara "Mira-me Miguel"

Brigada Victor Jara. Mira-me Miguel

Lembrade que podedes enviarme un correo cos vosos comentarios e vídeos a etradlearning@gmail.com (mellor esta dirección que a de xela@sondeseu.org)

Pois pasádeo moi moi ben cantando e bailando e seguiremos despois de Semana Santa!

Biquiños e coidádevos moito

Xela Conde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario