miércoles, 20 de mayo de 2020

Percusión corporal para "O Peixiño". Adiviña a palabriña. Audición. Boletín ETRAD 11

Moi boas de novo, familia!

Que tal van eses paseos? Co sol que fai dá gustiño sair. Aproveitade se podedes a ver a Natureza, que está fermosísima.

Imos continuar coa canción de "O Peixiño". Esta semana traballaremos a percusión corporal para poder facela mentres cantamos a canción. Eu propóñovos no vídeo algúns movementos que podedes facer para percutir co voso corpo. Tamén podedes engadir os que queirades para facelo aínda máis divertido.

Percusión corporal para "O Peixiño"

E tanmén tendes máis adiviñas esta semana. A ver se acertades que palabras estou dicindo coa percusión. Podedes debuxar as que pensades que son. SEGURO QUE ACERTADES TODAS!

Adiviña a palabriña 2

E, para rematar a entrada desta semana, déixovos unha canción moi bonita dos nosos amigos artistas de "Fetén Fetén". DISFRUTADE!

Feten Feten con Natalia Lafourcade - Detrás del Mar (Lyric Video)

Mil biquiños de sol!

Xela Conde Fernández

martes, 12 de mayo de 2020

Canción "O Peixiño". Pequeparti. Audición. Boletín ETRAD 10

Moi boas familia!

Como estades? Agardo que cada vez mellor!

Eu estupendamente na casiña preparada para enviaros máis actividades para que o pasedes ben.

E xa fai un montón que non facedes unha "pequeparti", así que, deixade sair a vosa creatividade para facer un pouco de música. Recordade que non podedes repetir máis de 2 debuxos por línea.

Pequeparti

Canto a teñades dibuxada, a podedes ler e facer con palmas. E se tendes claves ou outro instrumento de percusión pola casa non dubidedes en probar.

Imos cunha canción. "O Peixiño". Esta canción ten a súa orixe en Brasil, pero nos a adaptamos ao galego.

O Peixiño. Letra

E aquí tendes a canción para que a escoitedes e pouco a pouco a vaiades aprendendo.

O Peixiño

E para rematar por esta semana vos propoño ver este vídeo para pasalo rato. A ver que instrumentos podedes atopar.

Concierto Didáctico "Fantasía" - Banda Municipal de Lugo e Escola Municipal

Mil biquiños positivos e ata a próxima semana!!!

Xela Conde Fernández

martes, 5 de mayo de 2020

Canción. A casa do tío Nicanor. Ficha. Audición. Boletín ETRAD 9

Moi boas de novo, familia

Aló van algunhas actividades para esta semana! Todas referidas aos animais, así que seguro que vos encantan.

Imos traballar sobre unha canción que fala dos animais que podemos atopar nos bosques galegos e que agora están tranquiliños sen a nosa presencia.

A casa do tío Nicanor

E aquí temos a letra para que a poidades aprender coa vosa familia

A casa do tío Nicanor. Letra

Unha vez q teñades localizados todolos animais, podedes intentar adiviñar a que animal pertence cada un destes debuxos e tamén colorealos.

A casa do tío Nicanor. Ficha

E para rematar por esta semana, aquí tendes un vídeo super bonito sobre " El carnaval de los animales" de Saint Saëns.

El Carnaval de los animales de Saint Saëns

Agardo que disfrutedes destas actividades

Biquiños positivos 

Xela Conde Fernández