martes, 21 de abril de 2020

Adiviña a palabriña. Fun ó Mercado. Boletín ETRAD 7

Moi boas familia!

Outra semana e novas actividades para divertirse e aprender.

Aquí tendes un pequeno vídeo para xogar a "Adiviña  a palabriña". Escoitade moi, moi ben e debuxade o que escoitedes... Seguro que acertades!

Adiviña a palabriña 1

Imos aprender unha canción divertida que trata sobre unha formiguiña que sube por nós cando imos mercar cousiñas ao mercado. Temos que aprender a cantala e facelos xestos que fan as nenas :-)

Fun ao mercado

A ver como tendes a memoria ... Sodes capaces de relacionar con flechas os debuxos?

Ficha Fun ao Mercado

Agardo que o pasedes estupendamente con estas actividades!

Biquiños e coidádevos moito!

Xela Conde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario