Pouco a pouco imos rematando o curso... xa case cheira a verán. Esta será a penúltima entrada deste blog para no curso 19/20.
ESTADES LISTOS! Pois veña, que temos moitas cousiñas que aprender.
Para comezar, vouvos poñer a solución da actividade "Adiviña a palabriña 2" da semana pasada. Seguro q as acertáchedes todas.
Solución "Adiviña a Palabriña 2"
A seguinte actividade é moi divertida. A que non adiviñades os instrumentos que estou tocando e a orde en que os vou tocando? (seguro que sí)
Que instrumento toco?
E non podiamos rematar o curso sen aprender unha canción nova. Esta tamén é unha canción para cantar e bailar (a próxima semana aprenderedes o baile). Chámase "O Bolero" (que é un baile que se bailaba en España fai moitos moitos anos)
Aquí tendes o enlace coa música para que a poidades aprender ... Escoitade ...
E aquí tendes a letra da canción
E para rematar, déixovos unha bonita audición duns chicos que cantan moi moi ben. Seguro que vos gusta.
Pois ata a próxima semana. Pasádeo moi ben e disfrutade!
Mil biquiños positivos!
Xela Conde Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario