martes, 2 de junio de 2020

Imos facer un musicograma. Audición. Instrumentos galegos. Boletín ETRAD 13

Moi boas familia!

Esta será a derradeira entrada por este curso e quería agradecervos moitísimo q estivérades aí e que non vos desvinculárades da escola. Podo falar por parte de todolxs profes se digo que estes meses foron complexos para todxs, pero o que nos moveu para continuar foi o amor á música e o cariño hacia vós. Bótovos de menos, pero estou convencida de que isto rematará e sairemos reforzados. 

Antes de nada, inda que convencidísima de que acertáchedes os instrumentos e a orde, vouvos poñer a solución da primeira actividade da semana pasada:

1º Almirez
2º Pandeireta
3º Botella
4º Maraca
5º Cunchas
6º Pandeiro

Demasiado doado para vós!!!

E como a cousa vai de instrumentos, vouvos poñer un enlace dun vídeo de dous musicazos e amigos que van amosar diferentes instruementos galegos. A ver se os coñecedes todos!


24 Instrumentos Populares Galegos - Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero


E imos xa coa derradeira actividade ata o curso que ven. Imos facer un MUSICOGRAMA. Esta é unha das miñas actividades preferidas de sempre (non é só para peques). Seguro que vos encanta. O explico todo no vídeo que vos poño a continuación. 


E esta é a música que eu propoño


Vaivos quedar super chulo!

Vémonos o curso que ven! Pasade un verán estupendo e coidádevos moitísimo. 

MIL BIQUIÑOS e GRAZAS por SER e ESTAR

Xela Conde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario