Moi boas a todxs!
Como estades? Agardo que non demasiado aburridos e con ánimo e alegría!
Envío por aquí cousiñas para facer e aprender nesta semana:
Imos aprender unha nova canción "Chegou a primavera". Aquí tendes a letra e o vídeo da canción:
Vídeo Canción Chegou a Primavera
Envío un vídeo sobre a Primavera que agardo que vos guste.
Vídeo Primavera
E gustaríame que fórades creativos e coloreárades este debuxo onde aparecen varios protagonistas da Primavera e moita música.
Debuxo colorear Primavera
Vos podedes inspirar escoitando a "Primavera" de Vivaldi. Aquí deixo un enlace:
Vídeo. Primavera de Vivaldi
Un biquiño enorme! TODO VAI SAIR BEN
Xela Conde Fernández
Contidos complementarios da asignatura de Música e Movemento da quenda dos mércores da ETRAD
jueves, 26 de marzo de 2020
miércoles, 18 de marzo de 2020
ETRADCOVID19 - MÚSICA e MOVEMENTO (mércores) Contidos da semana do 16 ao 20 de marzo de 2020 (boletín ETRAD 2)
Moi boas pais nais e peques!!!
Como estades? Agardo que moi moi ben na casiña puidendo disfrutar dun tempo en familia, escoitando moita música, lendo libros e xogando.
As circunstancias son as que son, pero non quería que vos quedárades sen un pouco de actividade musical para esta semana (a próxima haberá máis)
Así que déixovos enlaces de cousiñas para seguir traballando.
Gustaríame que cantárades co vídeo a canción de "Nubes Alegría". Podedes ensinarlla a vosa familia para que cante con vós e así facer un pouco de mestres e mestras.
Vídeo. Canción Nubes alegría
Tamén deixo un vídeo musical duns amigos músicos marabillosos que seguro que vos encanta: "Jota del Wasabi de Fetén Fetén"
Aquí tendes a letra da canción que podedes decorar con nubes e moitos sorrisos de alegría
Letra Nubes alegría
Tamén mando unha plantilla para que creedes a vosa partitura musical coas palabriñas que xa sabedes: sol, casa. chocolate, soldado, sssh, e corazón. Recordade que cantos menos debuxos das palabras repitades máis bonitiña vai ser a vosa partitura. Gustaríame que, despois de debuxala, a cantárades con palabras e a tocarades con palmas, así, cando nos volvamos ver nola podedes ensinar.
Pequepartis
Bótovos moito de menos. Coidadevos e sede moi felices.
Ata moi pronto!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)